top of page

O BNG de Cruces demanda "a reposición do persoal do Concello e o despido dos asesores externos"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces demanda "a reposición do persoal do Concello e o despido dos asesores externos".


Recalca que "a biblioteca municipal segue sen persoal a menos dun mes do inicio do curso escolar, coas bases da bolsa de emprego aínda sen publicar, o proceso da selección de persoal demórase, despois de nove meses sen a penas servizo, tendo que ser atendida por outra funcionaria unha hora e media á semana, que á súa vez provoca unha carga de traballo que non lle corresponde".

Co posto administrativo de Intervención, resalta que "sucede o mesmo, sen cubrir tras nove meses de baixa da titular e, a bolsa de emprego creada, a medida do desgoberno de Vila de Cruces foi solicitar os servizos dunha asesoría externa posta a dedo para que Luis Taboada manexe as arcas municipais sen control, e que dende o BNG queremos recordar que no seu momento, esta asesoría externa traballou, ao redor de dous anos, para o Partido Popular. Nada mudou, mesmo xeito de proceder e ata compartindo asesores".


Así mesmo, indica que "todo isto vai en detrimento das persoas seleccionadas na bolsa de emprego, que ven como o seu posto de traballo non chega mentres o desgoberno enchufa a amiguetes que bailan ao sol que máis quenta ao "alcalde"", acusa.


Servizo de Urbanismo

"Máis do mesmo, o desgoberno mantén unha persoa no posto de urbanismo, posta a dedo e sen contrato, que cobra ao mes 1.500 euros por 18 horas semanais, con licenzas sen resolver dende hai meses, o que acentúa a nula xestión deste "goberno ocupa" en canto aos servizos que debe prestar á cidadanía, e provoca que familias que queren asentar negocios e a súa vida en Vila de Cruces, se vexan obrigados a facelo noutros concellos veciños", asegura o BNG.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Dende o BNG denunciamos o total abandono dos servizos por parte do desgoberno, que se resolverían cunha xestión óptima dos recursos que están a disposición do concello, como é a reposición de persoal a través das bolsas de emprego para cubrir os postos administrativos, ou o concurso pendente de licitar para o posto de técnico de Urbanismo, reclamado por unha sentenza do TSXG, dando por nulo o anterior procedemento durante o mandato do PP, que daría servizo, a xornada completa, co fin de axilizar licencias, proxectos e demais".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page