top of page

O BNG de Arzúa reitera o seu compromiso por poñer en marcha un centro de día


Ecos da Comarca/Arzúa

O BNG de Arzúa segue a dar a coñecer, con encontros veciñais en todas as parroquias, o seu programa de goberno para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.


Neste sentido, o candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, comprometeuse a “traballar arreo desde a Alcaldía para dotar a Arzúa dun Centro de Día” e lembrou a campaña de recollida de sinaturas que a organización nacionalista encetou fai algúns meses.

Preme na imaxe se queres obter máis información deste evento.

“Nestes catro anos trasladamos ao Pleno da corporación diversas iniciativas para dotar a Arzúa dun Centro de Día e atopámonos co desleixo tanto do alcalde como do seu goberno municipal, e tamén o do Partido Popular, malia que agora todos prometan o Centro de Día nos seus programas electorais,” sinalou.

“Somos a única forza política que defendeu o Centro de Día para Arzúa nestes catro anos, e, por suposto, comprometémonos a traballar arreo co BNG na Alcaldía a partir do 28 de maio para facer realidade que o noso concello conte con este necesario servizo público que axude a garantir a conciliación familiar e laboral,” concluíu o candidato do BNG.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page