Especialmente fala dos concertos que participarán no festival
Ecos da Comarca/Arzúa
Desde o Bloque Nacionalista Galego de Arzúa sinalan "que chama a atención o feito de que a tres semanas da Festa do Queixo siga sen coñecerse a programación deste importante evento no noso concello, especialmente no que atinxe aos concertos que participarán no Festival nesta edición,” explica Xoán Xesús Carril, candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa.

“Outros concellos con eventos coma este, coa categoría de Festas de Interese Turístico Galego, anuncian con meses de antelación o seu programa, atraendo o interese do público e dándolle relevancia, como a que ten para Arzúa a Festa do Queixo, cun importantísimo impacto económico na hostalaría e no comercio local, e na que se invirte unha grande cantidade do orzamento público", recalca.
Por iso, desde o BNG instan ao goberno municipal a non demorar máis en facer pública a programación da Festa. “O goberno de José Luís García está esgotado, a súa maneira de gobernar con improvisación e desorganización fai que Arzúa perda visibilidade e referencialidade no conxunto da nosa comarca,” sinala Carril.
E insiste en que "desde o BNG non imos permitir que Arzúa quede relegada ao vagón de cola dos concellos. Coa confianza das nosas veciñas e veciños a partir das vindeiras eleccións municipais de maio temos unha oportunidade de rematar cos 12 anos de parálise do actual goberno municipal e darlle un novo impulso a Arzúa da man do BNG".
Комментарии