Ecos da Comarca/Arzúa
O Responsable Local do BNG en Arzúa, Manuel García, informou hoxe de que a asemblea local da organización, reunida na noite de onte, xoves, acordou abrir “un proceso de negociación con Alternativa por Arzúa e PSOE para conformar un goberno liderado polo BNG, con Xoán Xesús Carril como alcalde de Arzúa”.
Así, García anunciou que desde o BNG emprazaron xa a ambas formacións a manter xuntanzas nos vindeiros días e a comezar “un proceso de negociación serio e transparente”.
Desde o BNG fan un chamamento “á responsabilidade dos outros dous grupos para garantir en Arzúa un alcalde do BNG, que faga posible a conformación dun goberno alternativo, estable e sólido para que o noso concello avance” explicou García. “Desde o BNG imos deixar a pel por traballar por Arzúa, por constituír o mellor dos gobernos e comezar a traballar desde o minuto un por abrir un tempo novo, porque iso é xustamente o que dixeron as veciñas e veciños de Arzúa o pasado domingo nas urnas” concluíu o responsable local do BNG.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Resultados das eleccións deste 2023: https://www.ecosdacomarca.com/post/resultados-das-elecci%C3%B3ns-en-arz%C3%BAa
Comparativa con respecto ás de 2019: https://www.ecosdacomarca.com/post/arz%C3%BAa-comparativa-dos-resultados-electorais-de-2019-e-2023
As candidaturas que se presentaron neste 28M: https://www.ecosdacomarca.com/post/catro-candidaturas-optan-a-ganar-a-alcald%C3%ADa-de-arz%C3%BAa
댓글