top of page

O BNG de Agolada lamenta que o concello de Agolada non asistira a unha reunión sobre a Mancomunidade

Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada lamenta que "o Concello de Agolada estea ausente nunha xuntanza onde se dirimen cuestións que afectan á nosa veciñanza.  Segundo noticias aparecidas hoxe (por onte) nos medios de comunicación, o alcalde de Agolada rexeitou asistir a unha xuntanza en Compostela co conselleiro de presidencia e o resto de alcaldes de Deza, Tabeirós e Terra de Montes para tratar a ampliación da mancomunidade", sinala a edil nacionalista de Agolada, Susana Tato.

"Dende o noso punto de vista, a máxima autoridade política do noso concello ten a obriga de estar e representar á nosa veciñanza en todas as reunións ás que é convidado. De escoitar o que nelas se di e presentar todas as propostas que estime convenientes, co único obxectivo de poder ter os elementos de xuizo correctos para despois tomar a decisión plenaria de anexarse á citada mancomunidade ou non", engade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

 E insiste en que "coa actitude de non asistir o único que conseguimos é o illamento dun concello que ten moitos problemas e necesidade de mancomunar servizos para ofertalos á nosa cidadanía que por si mesmo lle resulta imposible. Non é que no BNG teñamos moita confianza en que a mancomunidade vaia ser un exemplo de funcionamento porque se non o foi con seis concellos, despois tampouco con catro, temos as nosas dúbidas de que con oito o vaian facer. Pero para iso están os alcaldes, se cando marchou da mancomunidade tiña motivos para facelo, agora que se inicia unha nova andaina ten a obriga de estar e presentar as deficiencias para que non se volvan repetir", recalca Tato.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page