top of page

O BNG de Agolada lamenta que "ningunha autoridade de Medio Rural veña a este concello sen ser cando hai eleccións"

Critica que a nova conselleira deste departamento se desprazou recentemente a Lalín e que non aproveitara a ocasión para tratar o mesmo tema en Agolada


Ecos da Comarca/Agolada

Tras a reunión da Conselleira de Medio Rural co alcalde de Lalín para analizar os procesos de concentración parcelaria no concello lalinense, que segue á que xa mantivera a Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, a finais de marzo, o BNG agoladense lamenta que ningunha das autoridade de Medio Rural se achegara ata Agolada aproveitando estas visitas para falar do mesmo tema.

ree
Susana Tato, concelleira do BNG de Agolada.

Para o BNG, "existe unha diferenza básica entre os compromisos e visitas aos dous concellos. Mentres en Lalín fan as visitas despois dos procesos electorais, en Agolada fanse en datas previas aos mesmos. Temos que recordar que a última visita dun Conselleiro de Medio Rural a Agolada para falar das parcelarias foi en marzo de 2019 e a

da Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, foi en febreiro de 2023, ambas

en vésperas de eleccións municipais con compromisos sobre ditas parcelarias que logo

quedan en promesas electorais baleiras e papel mollado".


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O partido nacionalista apunta que "o descontento dos veciños, que están agardando dende hai 22 anos que os seus procesos de concentración avancen, é evidente. A última ocasión que tiveron para reunirse con representantes da Consellería de Medio Rural foi en febreiro de 2023, cando se lles asegurou que os procedementos estaban en marcha e que volverían reunirse con eles antes de rematar o ano 2023, data que foi incumprida levando meses de atraso coa agarda dos afectados e afectadas polos procesos, que teñen proxectos en mente se se levan a cabo e nos que inflúe moito a ordenación do territorio".


A concelleira do BNG, Susana Tato, lamenta que “non se poña atención á veciñanza en algo que beneficiaria moito aos concellos rurais, ao seu avance económico, onde a intención clara por parte do goberno da Xunta debería ser a de preservar a poboación que

aínda reside no rural e quere ser parte dun relevo xeracional cada vez máis escaso, deixando unha fonda crise demográfica coa súa marcha ao enlentecerse tanto os

procesos de concentración coma estes.”


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page