O BNG de Agolada esixe a dimisión inmediata de Luís Calvo como alcalde de Agolada
- ecosdacomarca
- 25 abr
- 2 Min. de lectura
Pide ao PAyJ que presente outra persoa para este cargo
Ecos da Comarca/Agolada
A concelleira do BNG de Agolada, Susana Tato, pronúnciase sobre a sentenza do alcalde deste municipio, Luis Calvo. O Bloque pide a dimisión inmediata do rexedor.

COMUNICADO DO BNG DE AGOLADA
Respecto da sentenza que condena ao alcalde de Agolada,dende o BNG Agolada facemos as seguintes declaracións:
1.Como non podía ser doutro xeito, no BNG respectamos as decisións xudiciais e esiximos ao alcalde que asuma as súas responsabilidade por actuacións irresponsables na toma de decisións hai uns cantos anos.
Publicidade
2. Se ben é certo que o alcalde é unha autoridade local, esta non é absoluta. Na súa actuación debe cumprir coa lexislación vixente para impedir actuacións arbitrarias baseadas no capricho persoal e debe respectar os procedementos administrativos, seguindo os trámites e requisitos legais na toma de decisións e na execución das accións e non actuar por libre, prescindindo absolutamente o procedemento regrado, como foi no caso que nos ocupa.
3.Toda a veciñanza, tecido asociativo e actores económicos teñen dereito a ser respectados nas súas actividades con independencia da súa adscrición ideolóxica. Todos debemos actuar con respecto ás normas e ningún político está por riba de ninguén, por moitos votos que teña. As decisións dos políticos deben ser transparentes e estar respaldadas pola legalidade. Nesta ocasión non foi así e iso ten consecuencias penais.
Publicidade
4. Vista a sentenza esiximos a dimisión inmediata de Luís Calvo como alcalde de Agolada e ao PAyJ que presente outra persoa para alcalde. NON PODE DURAR UN MINUTO MÁIS NO POSTO, por decencia democrática da que tanto fala o PARTIDO ANTICORRUPCIÓN y JUSTICIA".
BNG Agolada
NOTICIAS RELACIONADAS:
Condenan a tres anos e medio de cárcere ao alcalde de Agolada por precintar Lácteos Farelo: https://www.ecosdacomarca.com/post/condenan-a-tres-anos-e-medio-de-c%C3%A1rcere-ao-alcalde-de-agolada-por-precintar-l%C3%A1cteos-farelo
O alcalde de Agolada sentou hoxe no banco dos acusados por precintar a ampliación da depuradora de Lácteos Farelo: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-alcalde-de-agolada-sentou-hoxe-no-banco-dos-acusados-por-precintar-a-ampliaci%C3%B3n-da-depuradora-de-l
コメント