top of page

O BNG de Agolada cuestiona a declaración da candidata popular á Alcaldía en relación ás parcelarias

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"A súa actividade semella ter máis que ver co interese persoal, en vésperas das eleccións municipais ca co interese xeral, que debera motivala estes anos pasados", reprocha


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada cuestiona o labor do Partido Popular do municipio. "O PP votou en contra das emendas presentadas polo BNG aos orzamentos da Xunta. Dentro destas emendas estaban a financiación para solucionar as numerosas deficiencias do CEIP e do obsoleto Centro de Saúde, servizo de pediatría así como para retomar os traballos das concentracións parcelarias paralizados hai 13 anos, cando o PP volveu ao goberno da Xunta. Coa mesma facilidade coa que o PP rexeitou estas obras necesarias para Agolada, preséntase agora a candidata do PP á Alcaldía prometendo de todo. A súa actividade semella ter máis que ver co interese persoal, en vésperas das eleccións municipais ca co interese xeral, que debera motivala estes anos pasados".

Para os nacionalistas, "este interese de súpeto está intimamente ligado ás iniciativas que o BNG presenta no parlamento galego, alí onde se decide o que se fai e o que non. Hai uns meses, o BNG demandaba que as autoridades educativas recibiran á ANPA do CEIP de Agolada, que levaba máis dun ano agardando e os investimentos para atallar as deficiencias no mesmo. Poucos días despois, a propia candidata do PP anunciaba que recibirían á ANPA e investimentos para o CEIP. Tal vez haxa que recordarlle que os arranxos executados non son suficientes. Arranxaron o teito, pero segue entrando auga en dúas aulas".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Agora anuncia procedementos nas concentracións parcelarias, tivo catro anos para reclamalas, pero as eleccións aínda estaban lonxe. Iso si, é comedida por canto anuncia un estudo, pero despois xa decidirá a Xunta se continua ou queda a cousa como estaba. Pero mentres tanto, enreda á xente e pasan as eleccións".


O BNG esixe "compromisos firmes para atallar os problemas dun concello rural que esmorece economicamente e tamén as súas infraestruturas e servizos básicos, como a Educación e a Sanidade".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page