top of page

O BNG de Agolada considera que a Xunta actúa no CEIP "azuzada pola iniciativa do BNG no Parlamento"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Chama a atención que tardara un ano en recibir á ANPA e xusto a recibise cando o BNG rexistrou unha iniciativa no Parlamento galego solicitando acometer as obras necesarias e que as autoridades competentes recibiran á ANPA", sinala o partido nacionalista


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG aplaude que o xefe territorial recibise á ANPA do CEIP de Agolada e anuncie obras inmediatas para este centro escolar, "despois de más de un ano da solicitude por pare da ANPA e da dirección do CEIP". Sen embargo, resalta que "chama a atención que tardara un ano en recibir á ANPA e xusto a recibise cando o BNG rexistrou unha iniciativa no Parlamento galego solicitando acometer as obras necesarias e que as autoridades competentes recibiran á ANPA".

Ante isto, o BNG indica que "tiramos unha conclusión: non actúan por convencemento das necesidades do alumnado de Agolada, senón azuzados pola iniciativa do BNG no Parlamento. O único que lamentamos é que non actuara hai un ano, cando a ANPA solicitou a xuntaza. Se o fixera daquelas, a día de hoxe podían estar resoltos os problemas". E recalca que "estaremos vixiantes aos compromisos adquiridos para ver se se cumpren ou non".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Visita ao centro educativo

O xoves pasado, a deputada do BNG, Montse Prado, fixo unha visita ao colexio para ver in situ a situación na que se atopan as instalación, comprobando que urxe acometer as reformas pertinentes cando antes por seguridade e benestar dos nenos e nenas. "O mesmo tempo dende o BNG pregúntámonos por que dende o Concello no se insistiu e estiveron pendentes destas incidencias. Non critaremos ao señor alcalde por estar no chimpín, só esperamos que sexa nos ratos libres e despois de arranxar os problemas administrativos da cidadanía. Recordámoslle que as funcións dun alcalde non son acometer as obras en persoa, para iso xa ten operarios especializados. A súa labor é solucionar as incidencias de todos e todas as veciñas, conseguindo que as diferentes administracións cumpran ca súa labor, e non ter o noso Concello olvidado. Se traballamos Xunt@s Agolada ten máis futuro!".


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page