O BNG de Agolada a través do grupo parlamentario presenta emendas aos orzamentos da Xunta
- ecosdacomarca
- 3 dic 2023
- 2 Min. de lectura
"Para acabar coa discriminación que sofre o noso concello nos orzamentos da Xunta e tendentes a satisfacer ás demandas da cidadanía dende hai anos", sinala Susana Tato
Ecos da Comarca/Agolada
O BNG de Agolada, a través do grupo parlamentario, presenta emendas aos orzamentos da Xunta para o ano 2024 para "acabar coa discriminación que sofre o noso concello nos orzamentos da Xunta e tendentes a satisfacer ás demandas da cidadanía dende hai anos".
Susana Tato, concelleira nacionalista en Agolada, di que “agarda que no debate e votación das emendas que se vai producir a semana que vén, o PP vote a favor e se poidan facer realidade”. Aínda que son moitas as necesidades deste concello, sinala que "intentamos cubrir as necesidades básicas e vellas reivindicacións da cidadanía agolense e de
distintos colectivos do noso concello". Son as seguintes:
Publicidade
1.Reforma CEIP Agolada: 200.000 euros
"Ante a precaria situación do CEIP que persiste no tempo por desleixo da propia consellaría de educación, obrigando aos nosos nenos e nenas a asistir a aulas en condicións deficientes, aturando frío e humidades. Temos que recordar que en setembro de 2022 o BNG levou unha iniciativa ao parlamento galego e fixo emendas aos orzamentos da Xunta de 2023 para que se dotara dunha partida orzamentaria para arranxar a situación. Cuestións votadas en contra polo PP. O mesmo tempo o Xefe Territorial de Educación reuníase con representantes da ANPA, anunciando o seu compromiso de arraxar os problemas estruturais da sala de caldeiras, substitucións de ventás, e avaliación do ximnasio. Mais o ano está a piques de rematar, as obras seguen sen executarse e os nenos e nenas seguen sufrindo as consecuencias", recalca Tato.
Publicidade
2. Mellora centro saúde de Agolada: 100.000 euros
Sinala que este centro sanitario non cumpre cuns mínimos para ofertar o servizo de atención aos usuarios. Asegura Susana Tato que “está destartalado e é terceiromundista”. "O mobiliario está tan deteriorado que cae a anacos. A instalación eléctrica son unha morea de cables á vista cos que se tropeza, non existen vestiarios nin duchas. Precisan ampliar o ancho das portas para que poidan acceder as camillas ás consultas e un longo etc".
Publicidade
3. Concentracións parcelarias Agolada : 1 millón de euros
Unhas concentracións iniciadas hai 20 anos co obxectivo de poñer en valor o potencial agrícola e forestal deste concello e paralizadas polo PP en 2009 despois dun investimento de 830.000 euros."Temos que recordar que o BNG levou iniciativas e emendas aos orzamentos da Xunta desde hai anos para continuar cos traballos. Agardamos que o PP vote a favor da mesma. Aínda que o dubidamos porque conscientes da emenda do BNG con un millón de euros, onte mesmo chegaron a Agolada para iniciar o proceso de concentración, en concreto a investigación da propiedade, algo que xa estaba feito e pagado. Duplican os gastos en vez de avanzar".

4. Asistencia pediátrica diaria ( en todos os concello da comarca ): 200.000 euros.
"Pretendemos que haxa asistencia pediátrica diaria (un par de horas) compartida con Rodeiro. Trátase de achegar os servizos á cidadanía, revertendo a situación actual que se basea na concentración dos servizo na cabeceira de comarca obrigando aos pacientes infantís a unha peregrinación permanente".
Comments