top of page

O BNG da comarca da Montaña anima a festexar hoxe o Día da Patria Galega

Ecos da Comarca/C. Arzúa/T.Melide

O Bloque Nacionalista Galego da comarca da Montaña estivo presente nas feiras das localidades de Arzúa e Curtis estes 22 e 23 de xullo popularizando a celebración do Día da Patria Galega nuns encontros nos que estiveron presentes militantes da formación, integrantes do Consello Comarcal, e no caso de Arzúa, o alcalde nacionalista, Xoán Xesús Carril. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A formación nacionalista animou deste xeito á veciñanza a participar da manifestación nacional que terá lugar este 25 de xullo ás 12 horas desde a Alameda de Compostela. "Esta é unha data vai máis alá do simbolismo, é a data na que celebrarmos o noso orgullo como pobo que loita cunha lingua que resiste, mais tamén na que reivindicarmos que queremos máis, unha Galiza ceibe na que nós decidamos o noso futuro", destacou Iria Carreira, responsábel comarcal. "Somos unha nación viva e non imos renunciar aos nosos dereitos".

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha celebración que non se limita a esta manifestación, senón que continúa co Festigal, un gran evento que reúne música e cultura galegas no Campus Vida da USC e que comezará esta noitiña do 24 de xullo e se prolongará ata o remate do día 25. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page