top of page

O BNG cuestiona as actuacións feitas na contorna do Mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón

Ecos da Comarca/Dozón

Os nacionalistas rexistraron no Parlamento de Galiza unha batería de iniciativas para reclamar a protección do Mosteiro de San Pedro de Vilanova, no concello de Dozón, e demandan explicacións á Xunta de Galicia pola actuación executada recentemente na contorna do monumento, onde foi cuberto con formigón lavado o camiño empedrado que arrodeaba o templo.

A iniciativa nacionalista pon o foco sobre a situación “paradoxal” do patrimonio de Dozón, xa que, malia contar con elementos de grande relevancia histórica e cultural, o catálogo oficial de Bens de Interese Cultural (BIC) da Xunta non recolle referencia ningunha ao municipio. Entre os elementos patrimoniais existentes destaca especialmente o Mosteiro de San Pedro de Vilanova, unha construción románica dos séculos XII e XIII situada no lugar de Mosteiro, na parroquia de Dozón. O BNG lembra que o inmoble figura incorporado ao Inventario do Patrimonio Histórico-Artístico desde 1991, así como ao Plan

Básico Autonómico e ao Plan Básico Municipal de Dozón, provisional actualmente, mais

continúa sen contar coa declaración de Ben de Interese Cultural. Para a deputada nacionalista, esta situación deixa o mosteiro “nunha evidente situación de vulnerabilidade”, ao depender as intervencións realizadas na súa contorna unicamente da autorización municipal, sen supervisión previa da Consellaría de Cultura.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O BNG denuncia ademais, ·as consecuencias da modificación lexislativa impulsada pola Xunta a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos, pola que se delegan nos concellos competencias patrimoniais que anteriormente correspondían á administración

autonómica". Segundo sinala a deputada Ariadna Fernández, esta transferencia de responsabilidades “pon en risco a conservación do patrimonio galego”, especialmente no

caso de concellos pequenos que carecen dos medios técnicos e económicos necesarios

para asumir esas funcións con garantías. Como exemplo desta situación, o Bloque apunta á actuación executada en 2026 na contorna do mosteiro, financiada cunha partida da

Deputación de Pontevedra superior aos 70.000 euros e presentada como unha mellora da

mobilidade peonil.


As obras supuxeron a cobertura con formigón do antigo empedrado que rodeaba o templo, un elemento que o propio Concello de Dozón destacaba previamente polo seu valor patrimonial e paisaxístico. Fernández reclama á Xunta que valore a intervención realizada e explique por que determinados BIC de Dozón non figuran no rexistro oficial, solicitando, así mesmo que se incoe o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural o Mosteiro de San Pedro de Vilanova.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Dende o grupo nacionalista requíreselle á Consellería de Cultura que elabore un informe técnico sobre as actuacións executadas na contorna do monumento e proceda á actualización do rexistro oficial de Bens de Interese Cultural da Xunta de Galicia. Para o BNG de Dozón e da comarca, “a protección do patrimonio non pode quedar subordinada

á improvisación nin á falta de recursos dos concellos”, advertindo de que “cada agresión

sobre elementos históricos como o Mosteiro de San Pedro de Vilanova supón tamén unha agresión á memoria colectiva e á identidade cultural do país”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page