Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces sinala que nos últimos días pódese ver como na área da Carixa, en Merza, se está a acometer unha intervención no camiño do parque biosaudable retirando a zahorra. O candidato á Alcaldía do BNG, Alex Fiuza, rexistrou unha serie de preguntas dirixidas ao alcalde, Luis Taboada, interesándose por cal é a actuación completa ou proxecto que pretende levar a cabo na área, e se serían necesarios permisos de Augas de Galicia para poder acometer o proxecto, xa que o parque se atopa entre os ríos Orza e Deza.
Fiuza non quere pensar que ao actual rexidor "se lle ocorrera formigonar todo o camiño, xa que entende que esa acción sería perxudicial para a contorna e perdería todo o sentido de área biosaudable, enmarcada en zona de Rede Natura".
Comments