O BNG cruceño lamenta o estado do vial que une a vila coa EP-6403 ao seu paso por Vilar de Ouceira
- ecosdacomarca

- 11 feb 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces sinala que está a recibir queixas das condicións nas que se atopa a estrada que comunica a vila cruceña coa EP-6403 no último tramo ao seu paso polo Vilar de Ouceira.

"Este vial, ademais de dar paso á veciñanza da zona, serve de comunicación directa con parroquias como Brocos (Agolada) que adoitan escoller o noso concello como mellor alternativa para facer vida diaria e dar vida ao noso comercio local. É transitada de xeito diario tamén por unha liña de bus escolar, do C.E.I.P. Nosa Señora da Piedade e do I.E.S. Marco do Camballón", subliña.
Ademais, apunta que "no seu momento cando se aprobou o arranxo do segundo tramo con fondos do Plan Marco, e co apoio do grupo nacionalista, dende o BNG instouse ao goberno local a rematar este vial". Pero lamentan que "ano e medio despois as imaxes falan por si soas, e o mal estado do firme foi empeorando a pasos axigantados debido ás condicións meteorolóxicas e aos traballos na extracción de madeira nos montes anexos".
Por iso, O BNG solicita ao goberno municipal o arranxo desta estrada de maneira urxente







Comentarios