“O servizo que oferta o goberno municipal non é suficiente, e a enquisa chega moi tarde, xa co curso iniciado”, considera o partido nacionalista
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O 31 de xullo do 2019, o BNG de Vila de Cruces levaba a pleno unha moción sobre o plan
madruga e canguraxe nos centros educativos deste concello. Dita moción foi aprobada por unanimidade, que volveu presentar en setembro de 2020. "Con esta proposta, as nais e pais do Concello poderían exercer o seu dereiro á conciliación familiar, dispoñendo dun servizo para deixar aos seus fillos e fillas antes e despois das clases", indica o BNG.
"Na realidade Covid este problema é aínda máis grave, pois engádese a dificultade de conciliar con persoas maiores e dependentes. Non dispoñer dun plan de conciliación Covid supón unha sobrecarga de traballo, que habitualmente recae sobre a muller", engade.
Indica que cinco días despois do comezo do curso escolar, o Goberno de Vila de Cruces envía unha enquisa ás familias co fin de coñecer as necesidades dun plan madruga para os CEIP. "Sen desacreditar a proposta, o BNG quere congratular ao goberno municipal por sacar adiante, iso si, tarde, mal e arrastro, parte dunha proposta que o BNG vén reclamando xa co anterior goberno. Mais lembrarlle ao grupo de goberno, que as propostas deben presentarse en tempo, e non co curso iniciado, xa que sería a ben ter presentada esta enquisa no prazo aberto de matrículas, para poder arrancar o curso con
todos os servizos".
Do mesmo xeito, sinala, que xa que "non deixaron ao BNG sacar os seus proxectos adiante dende o goberno, anímamos ao slcalde e aos seus concelleiros que se plantexen presentar un proxecto de conciliación completo e para toda a veciñanza para o curso 2022-23, e ofrecelo co tempo suficiente ás familias", recalca.
Comments