top of page

O BNG cruceño denuncia ante a Xunta Electoral "o uso de fondos públicos para a difusión dun xornal"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces denuncia ante a Xunta Electoral "a utilización de fondos públicos para a difusión dun xornal enaltecendo a xestión de Taboada"


O BNG de Vila de Cruces denunciou este xoves 11 de maio, contra o partido “Xuntos polo noso concello (XPC)” e o seu @lcalde, Luis Taboada "pola difusión gratuita a través de correos, dun xornal de información municipal financiado polo Concello, que contén numerosas noticias enaltecendo a xestión do goberno municipal, constituíndo unha campaña de logros prohibida pola artigo 50 da LOREX".

 

“Desde a convocatoria das eleccións e ata a celebración das miesmas queda prohibido calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos que conteña alusións ás realizacións ou logros obtidos, mesmo que utilice imaxes ou expresións coincidintes ou similares ás empregadas nas súas campañas por alguna das entidades políticas concorrentes ás eleccións.”

Recalca que son numerosos os Acordos da Xunta Electoral Central que prohiben este tipo de publicacións, "tamén numerosos os actos cos que Taboada esquiva a lei electoral, como hai 4 anos repartindo o voto polas casas na xornada de reflexión, ou o uso das redes sociais e páxina oficial do concello de xeito partidista . E dado que este xornal xa está a ser distribuído polos domicilios do Concello por parte de Correos, solicítase que se proceda a inmediata paralización dos que aínda non fosen distribuídos requirindo a Correos a este respecto".


Así mesmo, "e precisamente dada esa distribución efectiva do xornal debe incoarse un expediente disciplinario por vulneración do artigo 50.2 da LOEX. A proximidade da data electoral fixo e está a facer patente o nerviosismo do grupo de goberno, e particularmente de Taboada".

 

Nas últimas semanas, sinala o partido nacionalista, "un enorme movemento de obras, con acopios de zahorra en todas as puntas do concello, máquinas alugadas, con traballadores municipais que se non sobrepasan as 80 horas extra anuais, non andarán lonxe, cando a penas se cumple un tercio do ano, e incluso con empresas de construcción privadas de membros que participan na candidatura de Taboada armados de sacho limpando muros particulares. Todo isto cun só fin, manterse no poder a costa de favores de última hora".

Pero subliña que "o que máis lamentamos dende o BNG é a pésima xestión económica, con 120.000 euros gastados en asesores, técnicos enchufados a dedo e en contra partida, 0€ nun plan de desenvolvemento económico, industrial e comercial que favoreza a implementación de postos de traballo, e como consecuencia o asentamento de poboación a Vila de Cruces, que na actualidade se mantén grazas a todas esas veciñas e veciños que siguen empadroadas en Vila de Cruces e que pola contra, teñen que facer a súa vida en concellos limítrofes ou nas ciudades". "Está lamentable xestión conleva tamén, a que a partir do 28 de maio, o goberno que entre, ademais de ter que sanear as contas, despois de que o Tribunal de Contas repare na situación do concello, teremos a labor de centrarse no máis urxente, traballo, vivenda e servizos".

0 comentarios

תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page