top of page

O BNG cruceño demanda "un Nadal produtivo e diferenciador" en todo o municipio

Para o partido nacionalista "é importante achegar o lecer á veciñanza e cun amplo

abano de opcións, involucrando ós colectivos veciñais" e sen esquecer o rural


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Álex Fiúza, o voceiro do BNG cruceño, aposta por unha Vila de Cruces "cun Nadal local e auténtico". "@EnNadalMercaNoComercioLocal é a campaña que comezamos o BNG de

Vila de Cruces co fin de expoñer á veciñanza o seu compromiso por crear un clima axeitado e atractivo, onde poder disfrutar de diferentes alternativas lúdicas para todas as idades, e crear incentivos para negocios e así atraer público que se achegue a consumir no comercio local e de proximidade".

As iniciativas que se propoñen conlevan "a dinamización da vida social e cultural co fin de revitalizar o comercio local". Con este obxectivo, explica que "as iniciativas van dende vales desconto como o “ticket consume local” no que participarían tanto a hostalería coma os comercios, que premiaría nun sorteo a toda a clientela que merque durante estas datas en Vila de Cruces. Outra das medidas ten que ver coa creación do Mercadiño de Natal, co fin de promocionar o produto de proximidade, como a producción avícola e producos da horta, financiando o concello unha porcentaxe da compra. Por outra banda, a celebración do Feirón Creativo de Nadal como punto de venda e exhibición do tecido artístico de Cruces, no que tamén habería cabida para talleres de creación adicados a crianzas e xuventude, para as cales, carecemos dunha programación concreta e atractiva".


Ademais, o BNG propón dinamizar as portas exteriores dos comercios, casas, edificios de toda a veciñanza, con premios para as máis creativas.


Nadal tamén nas parroquias

"Todos os anos por estas datas o BNG reclamamos a instalación de luces e ou elementos decorativos nas parroquias, unha reclamación popular que nos chega dende todos os puntos do concello, e que un ano máis o goberno volve a esquecer", lamenta.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais disto, sinala que "queremos amosar o noso interese polas parroquias e polo seu potencial natural, patrimonial e turístico, propoñendo Rutas de Nadal, con concursos de decoracións sustentables nas parroquias que desexen participar. O BNG apostamos por un Nadal orixinal e con obxectivos claros. Necesitamos revitalizar a nosa vila, atraer á nosa xente e a toda aquela que nos visite, por apostar por un Nadal diferente a todos".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page