Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O candidato á Alcaldía do BNG de Vila de Cruces, Álex Fiuza, recolleu segundo el unha serie de queixas da veciñanza pola obra que se está a desenvolver no centro da vila, na rúa Vázquez.
O BNG pregunta ao goberno municipal se "é lóxico e seguro que se cubran as arquetas, os accesos a negocios e espazos destinados a zonas verdes con palets sen máis sinalización, en moitos casos, que supoñen barreiras arquitectónicas para carriños, cadeiras de rodas e para calquera peón".
Tamén fai referencia á xestión de residuos que durante os últimos días foron retirando, "pola cal se pode ver diversos materiais, como as canalizacións retiradas de fibrocemento, mesturadas co resto de escombros (plásticos, asfalto, terra...) en dous solares, un no centro da vila e o outro a carón do auditorio, as cales deberían ter un tratamento especial, xa que supoñen un perigo para a saúde das persoas. Durante meses converteron a vila nunha escombreira". E sinala que como se pode ver noutras localidades, "cando se acometen obras públicas que afectan ao día a día, debería levarse a cabo un protocolo de limpeza da rúa en lugar de deixar embarradas as rúas. Un obxectivo fundamental sería tratar de entorpecer o mínimo aos negocios que teñen que soportar as obras".
Por todo isto, Fiuza solicita a Taboada "unha mellor planificación da reordenación do tráfico, xa que se deberían sinalizar as rúas que sofren modificacións temporais nas direccións así como os espazos de aparcamento, e non só facer comunicados a través das redes".
Σχόλια