Anima ao rexedor "a pedir desculpas á veciñanza polas lamentables declaracións de agradecemento á empresa, propias de quen é forte e falso co pobo e brando e esquirol con quen vén de fóra a explotar os noso recursos e traer limosna"
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces pronúnicase ante as declaracións do alcalde do municipio, Luis Taboada, da dotación de iluminación ao servizo de ferri de Portdomouros, por parte da empresa concesionario Naturgy. O rexedor agradecía esta medida e lembraba outras peticións. "Hai dous día, o alcalde de Vila de Cruces publicou nas redes municipais unha noticia, a través do medio de cabeceira do seu asesor, agradecementos á empresa concesionaria do encoro de Portodemouros por poñer uns postes de alumeado nos accesos á barcaza, que ao parecer lle pedira el persoalmente. Acompañaba ao texto unha foto do alcalde ao lado dun poste xa colocado, o que indica que se debeu enterar tarde, por iso non a sacou en plena obra de colocación, que sempre é máis chamativo", resalta o partido nacionalista.

Así mesmo, o BNG recalca que "antes os gravísimos incumprimentos da empresa a respecto da seguridade na mencionada zona, tanto nos accesos como na propia barcaza, chama poderosamente a atención que o primeiro que atende Naturgy sexa dotar de dúas decenas de postes para colocar as correspondentes farolas que consumirán enerxía e que cobrarán relixiosamente".
O voceiro nacionalista, Alex Fiuza, anima ao alcalde "a pedir desculpas á veciñanza polas lamentables declaracións de agradecemento á empresa, propias de quen é forte e falso co pobo e brando e esquirol con quen vén de fóra a explotar os noso recursos e traer limosna, declaracións nas que se mofa dunha loita de décadas da veciñanza de ambos lados do encoro, na que levan reclamando unhas condicións de seguridade e servizos que a empresa nunca deu, cunha barcaza de desgüace que se avaría cada mes, con accesos sen iluminación e rampas que non cumpren o ancho de seguridade".
"É deplorable", insiste, "que quen preside un Concello lle propoña a veciñanza como única alternativa para atallar o problema do paso da barca, unha manifestación en lugar de solicitar a reunión coa Consellería de Infraestruturas que levan esixindo veciñas e veciños, para despois tratar de aproveitarse do esforzo de anos de reclamacións da veciñanza, así como do traballo do BNG, que fomos quen de que a raíz da visita á zona, o noso deputado Xosé Luis Rivas (Mini) en febreiro de 2021, trasladara a problemática ao Parlamento, onde foi aprobada por Unanimidade a proposta para mellorar o servizo, onde se lle esixía á concesionaria que cumprise co acordado". E engade que "este palanganeo público tan grande por parte dun alcalde ocupa non ten grande explicación, a non ser que os agradecementos sexan por outras cuestións que o oscurantismo do Señor Taboada non lle permite explicar".
O BNG propóñenlle "ao señor Taboada que en lugar de peloteo a esta empresa, se una á nosa proposta esixindo á concesionaria as actuacións necesarias para a mellora do servizo e que cumpran con acordo de adaptalo aos tempos que corren, ademais de que a nivel local se poña en marcha o acondicionament do vial da Casela, que melloraría enormemente o acceso á barcaza, en lugar de tantas promesas incumpridas".
NOTICIA DAS PALABRAS DE AGRADECEMENTO DE TABOADA:
Comments