top of page

O BNG cruceño asegura que 150 vivendas de Camanzo, Bascuas e Merza están sen sinal de televisión

Indica que a veciñanza vén de trasladar este problema en repetidas ocasións ao goberno local, pero apunta "que non se fixeron actuacións ao respecto"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces asegura que 150 vivendas das parroquias de Camanzo, Bascuas e Merza están sen sinal de televisión. "Dende hai un ano aproximadamente unha meirande parte da veciñanza de Camanzo, Bascuas e Merza sofre problemas de recepción da sinal de televisión. O problema reside nunha antena instalada en Lamego (Camanzo) que non funcionan en boas condicións, pode, que a causa da arboreda colindante que medrou e fai de barreira", apunta o partido nacionalista.


Indica que a veciñanza vén de trasladar este problema en repetidas ocasións ao goberno Local, pero asegura que "non se fixeron actuacións ao respecto".


Ante isto o BNG de Cruces urxe ao alcalde Luís Taboada que solicite un informe á empresa Itelsis encargada da xestión da antena e servidume dos terreos. Este informe debe ser enviado á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para que dea orde da tala das árbores á empresa adxudicataria. "Ata o día de hoxe, non existe constancia desta solicitude de informe á empresa nin tampouco da xestión á Xunta. Estamos a falar dunha zona do concello cunha poboación maior que vive soa en moitos casos".

O BNG xa trasladou esta problemática no Concello de Vila de Cruces. O voceiro, Álex Fiúza, agarda que "o alcalde Luís Taboada non faga oídos xordos e tramite por vía de urxencia o requerimento veciñal". Acusa ó rexidor " de estar de brazos cruzados cando o problema persiste dende hai tantos meses atrás".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page