"Fomentaremos a chegada de visitantes coa implementación do programa
“#CoñeceasCruces”, asinando convenios de colaboración con outros municipios de Galiza"
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces aposta por unha xestión turística do concello planificada,
atendendo artelladamente todas as áreas implicadas buscando incidir na singularidade e
riqueza do mesmo, para convertir ao concello no epicentro galego do turismo rural e de
interior.

"Fomentaremos a chegada de visitantes ao concello dende a implementación do programa
“#CoñeceasCruces”, asinando convenios de colaboración con outros concellos de Galiza,
fomentando o turismo patrimonial, natural, cultural e de augas mineiromedicinais. Así mesmo, conscientes dos recursos hídricos do noso concello e da súa excepcionalidade,
crearase unha comisión de dinamización do turismo acuático con actividades deportivas e
de recreo. Fixando o punto de atracción principal no Deza, o mellor río de “augas bravas” de Galiza e un dos máis afamados a nivel europeo, sen esquecernos das oportunidades
acuáticas que nos ofrece o encoro de Portodemouros, achegando o turismo internacional a
Vila de Cruces, fomentando as actividades deportivas e promovendo o turismo en período
non estival", adianta o partido nacionalista.
Todas estas iniciativas, indica, "vanse abordar acompañadas de medidas que garantan un turismo respetuoso co medio e coas persoas que nel viven. Co Plan de Sostibilidade que
comprende medidas de aforro e eficiencia enerxéticas, sinalización intelixente integrada na
paixase permitindo acadar información do espazo, dos comercios e da hostelería da zona
sin dano para a contorna, con campañas de concienciación e difusión, e sistemas de
avaliación de impacto que permitan facer melloras nos diferentes plans de acción,
procurando unha transición sostible do sector turístico do noso concello".
Comments