top of page

O BNG cruceño aposta por "un Concello limpo e respectuoso co medio ambiente"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

“Queremos rematar cos vertedoiros incontrolados e mellorar o servizo de reciclaxe e recollida de lixo co Plan Crucesvitae", recalca


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces quere mellorar o servizo de recollida selectiva de lixo planificando a recollida e limpeza viaria nas parroquias e mantemento e limpeza dos contedores, cunha previsión para datas sinaladas como en verán ou Nadal, "épocas nas que aumenta o volume de lixo e que nos últimos anos ían en aumento as queixas da veciñanza por contedores saturados ou a nula limpeza dos mesmos, facilitando tamén, illas de reciclaxe para a selección do lixo con contedores de todas as categorías", explica. Por iso levará a cabo o Plan Crucesvitae.

Outro dos obxectivos deste plan é a ampliación do horario do punto limpo, "xa que tan só está aberto os venres de mañá ata as 14:00 horas. E xunto con esta ampliación de horario, a intención é descentralizar o servizo para achegalo ás parroquias dotando dun colector

móbil que permitirá facer unha separación selectiva dos residuos. Dada a importancia da

separación en orixe, é unha oportunidade para separar e reciclar con pouco esforzo, xa que o Punto Limpo Móbil chegará a cada parroquia do Concello ao longo do ano. A maiores, dotar dun camión para o traslado do colector de reciclaxe co que puntualmente podemos facer recollida dos residuos que non teñan cabida no colector".

Preme na imaxe se queres obter máis información deste evento.

Avanzar nos trámites de adhesión ao Programa Revitaliza, da Deputación de Pontevedra para a reciclaxe de materia orgánica, será outra meta a acadar polo partido nacionalista. "Onde se recollerá porta a porta a grandes produtores como: hostalaría, almacéns e empresas agrícolas e supermercados. Combinarase con Composteiros comunitarios nos núcleos urbanos, dotando dun Mestre Composteiro que levará o mantemento dos silos de compostaxe. O compost xerado servirá para o mantemento de xardíns públicos, e para a veciñanza que así o precise, dando prioridade a produtores agrarios".

Ademais sinala que a estas propostas, engadiranse campañas de concienciación e cursos de formación para a veciñanza en materia de reciclaxe, co fin de conseguir un concello limpo e respectuoso co medioambiente.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page