top of page

O BNG cruceño anima á veciñanza "a atreverse polo voto dun cambio real"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces convida á veciñanza "a atreverse polo voto dun cambio real"


O seu comunicado íntegro:

"Despois de 4 anos de experimentos, e cunha transición complexa, é o momento de apostar por un goberno diferenzador.

Vila de Cruces debe romper con opcións que durante décadas se adicaron ao clientelismo, á especulación e á práctica caciquil, co único sentido de seguir sentados no poder.


O BNG ofrece propostas para a xente, unha xestión con total transparencia, poñendo os medios municipais a disposición de todos. Vila de Cruces merece un goberno que defenda os servizos para que non marchen como no seu día as urxencias. Merece que non se especule co seu territorio, apostando polo desenvolvemento rural, emprego e vivenda.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Vila de cruces merece un proxecto trasversal, que ofreza posibilidades a todas as franxas de idade, con políticas valentes para mellorar as comunicacións, e con servizos que ademais de complementarios para mellorar o día a día da veciñanza, sexan atractivos para o crecemento poboacional.


Merecemos unha xestión eficaz para non perder máis oportunidades de futuro, tan só temos que atrevernos a un cambio real da man do BNG!", afirma o candidato á Álcaldía Alex Fiuza.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page