O BNG cruceño alerta de "irregularidades do goberno na entrega da notificación das mesas electorais"
- ecosdacomarca

- 8 may 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces alerta de "irregularidades do grupo de goberno na entrega da notificación das mesas electorais".

"Pedimos tranquilidade, xa que non é o normal que o tenente alcalde se encargue do reparto das notificacións, cando ese traballo debe facelo persoal funcionario, e se a desculpa é que non hai funcionarios a disposición, algunha responsabilidade terá o grupo de goberno", cuestiona o partido nacionalista.
O BNG pide que se actúe segundo marca a lei, "xa que se incumpliron os prazos de entrega, e nalgúns casos se entregaron as notificacións a persoas que non son as propias interesadas, ademais de non ter entregado o manual. Isto pode supoñer un problema o día das eleccións, porque pode haber xente que non teña coñecemento de estar notificada. Isto é un claro reflexo do pasotismo e descontrol de Taboada, que só usa a institución para mantenerse no poder para resarcir as súas venderás persoais".







Comentarios