top of page

O BNG cruceño alerta da "necesidade de xestionar aparcamentos disuasorios" na rúa Vázquez

"A veciñanza e os comercios da localidade sofren a mala xestión dun alcalde a un mes

do Nadal", acusa o partido nacionalista


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces pide que a obra da rúa Vázquez se faga "dun xeito ordenado e

coherente". Trátase dunha inversión de 892.360 euros, dos que 176,681 proceden de

fondos propios, lembra. O voceiro, Álex Fiúza, alerta do "problema que supón para a veciñanza non ter aparcamentos disuasorios preto dos comercios". Cabe mencionar que o BNG pediu no 2021 que antes de iniciar as obras desta rúa, se habilataran os aparcamentos necesarios para non prexudicar ao comercio local. "Tamén se pedía buscar outros fondos para poder reformar toda a rúa ata o entronque coa Trasversal Xosé Neira Vilas", resalta.

Obras na Rúa Vázquez de Vila de Cruces.

"Tras dous meses e medio de obras encontrámonos cunha vila caótica e con moitas dificultades para o comercio local. O noso tecido comercial está a sufrir a mala xestión dun alcalde que non sabe escoitar e tampouco planificar. Comezou obras nalgunha parcela do casco urbán, coa intención de destinalas a aparcamentos disuasorios, sen ter a documentación necesaria para poder facelo. Así é que agora esa mesa de contratación está paralizada. Os propietarios destas fincas tamén sofren a mala xestión dun alcalde, que prevarica no canto de gobernar para a xente", acusa o partido nacionalista.

Dende o BNG insístese na "importancia de invertir na vila e na súa transformación, pero

coa seguridade de facelo ordenadamente, de xeito legal e tomando o pulso á veciñanza.

Débense sinalizar mellor as obras, especialmente dende a tardiña, con iluminación. Tamén se pide unha mellor reordenación do tráfico que redunde na seguridade vial".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page