top of page

O BNG cruceño acusa ao goberno de que haxa "instalacións públicas abandoadas e descontrol no gasto"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A casa da Carixa cunha luz prendida.

Hai ao redor dun ano o BNG de Vila de Cruces presentaba unha iniciativa para a utilización de instalacións públicas en desuso, entre elas, atopábase a casa da Carixa, co fin de servir a aquelas asociacións que o precisasen. "Un ano despois vemos como esa iniciativa, a pesar de ser aprobada por unanimidade no pleno, non soamente quedou esquecida nun caixón, senón que o desgoberno de Xuntos maltrata e abandoa totalmente estas instalacións".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Resalta que "cunha fiestra aberta dende hai meses e as luces encendidas día e noite, é un claro exemplo do descontrol do gasto así como do abandono e da inoperancia dun goberno que fai caso omiso das propostas que o BNG propón en beneficio da veciñanza".


Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page