top of page

O BNG cruceño acusa ao goberno "de abusar dos contratos menores e da contratación de familiares"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG acusa ao goberno municipal de abusar dos contratos menores, "unha modalidade que está asociada ao nepotismo e a corrupción, e no caso de Vila de Cruces vese na contratación de familiares do equipo de goberno".

O BNG considera que hai que reducir os contratos menores e favorecer a concurrencia competitiva por dúas razón básicas:

  1. Pora garantir o principio de liberdade de acceso ás licitacións públicas de todos os empresarios de Vila de Cruces.

  2. Para salvagardar a libre competencia e a escolla da oferta ecónomica máis vantaxosa para o concello.

Segundo a lexislación vixente, son contratos menores os que non exceden da cuantía de 15.000 euros, non superen un ano de duración e non sexan recurrentes. No caso de ser recurrentes (caso dos debroces que hai que facelos todos os anos) debería optarse por un contrato licitatorio ordinario, sinala o partido nacionalista. "Son numerosos os reparos que intervención do concello de Vila de Cruces está poñendo aos contratos menores por considerar que non son tales", acusa e engade: "O alcalde de Vila de cruces, Luís Taboada, xestiona o concello como se fora a súa propia empresa, contrata a familiares directos polos procedimientos do seu “divino” dedo".

Un exemplo do descrito, explica, "témolo nunha factura pagada por desbrozar e limpar o campo de fútbol de Piloño para unha actividade hípica en agosto que finalmente non se celebrou, supostamente porque non había participantes suficientes para levar a cabo tal evento". Ademais, indica que o BNG no seu momento apostou por un cambio do que nunca se beneficiou o concello, "pois o minigoberno nunca quixo chegar a un acordo. Este é un claro exemplo do escurantismo nos procesos de contratación de obras menores. Sen afondar en presuntas irregularidades nos procesos de contratación, queremos alertar sobre a importancia de dispór de informes de necesidade obedecendo a un proceso transparente. Isto reitérase en tódolos os informes de intervención".


O BNG aposta por informar de xeito aberto a tódalas empresas do Concello para que todas aquelas interesadas poidan presentar os seus orzamentos e o Concello poida escoller a máis beneficiosa para o interés xeral.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page