top of page

O BNG cruceño acusa a Taboada de mentir "cando di que non tivo coñecemento ata agora dos eólicos"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Demanda saber que tramites aprobados no pleno de abril se levaron a cabo neste tempo


O BNG cruceño lamenta a falta de actuación do equipo de goberno do municipio. "Xa co prazo vencido do parque eólico do Folgoso e Porcallos, o tempo corre para presentar as alegacións do PE Cunca, a falta de dúas semanas, sabemos que coma sempre o minigoberno fará todo tarde, mal e arrastro, posto que eran coñecedores xa en agosto de 2020 do que se aveciñaba para o noso concello, posto que un comunicado do daquelas tenente de alcalde, afirmaba que o proxecto destes tres parques a 1 de agosto de 2020 “está en proceso de redacción". E o Concello de Vila de Cruces recibiu unha chamada por parte dos redactores para solicitar información sobre os planos de ordenación urbanística dos núcleos rurais", apunta o BNG. Ademais, lembra que o pasado 22 de abril celebrouse en Vila de Cruces un pleno solicitado polo BNG para acadar acordos urxentes contra o macroparque eólico segmentado que invadirá o municipio cruceño.


No mesmo acordáronse os seguintes puntos:

  • Instar á Xunta de Galiza a que resolva en contra dos parques eólicos, xa que é responsable dos parques de menos de 50MW.

  • Asesoramento técnico para o deseño de alegacións e posterior tramitación en prazo.

  • Asesoramento xurídico para informar á veciñanza.

  • Tras de elaborar as alegacións, xuntanza de voceiros municipais para revisar e acordar as alegacións.

"A día de hoxe non se levou a cabo ningún dos puntos acadados e formalizados en acta. O problema que se vén enriba da veciñanza é titánico, e o goberno local non está traballando á altura das circunstancias. Preocúpanos seriamente que os nosos terreos, acuíferos, flora e fauna locais explotacións gandeiras, xacementos patrimoniais, vías rurais, o asentamento poboacional e perda de calidade de vida, así como a desvalorización económica da nosas propiedades ao verse afectadas por pasar a formar parte da poligonal dun parque eólico único que comprenderían os proxectos de Cunca, Axouxere, Rodeira e Mesada, coas súas respectivas liñas de evacuación e camiños de servidume para ditos parques", lamenta.


O BNG acaba de solicitar por escrito que lles traslade a información de se os acordos do pleno anterior se están levando a cabo. "Queremos saber se se procedeu á contratación de técnicos especializados e de asesores xurídicos, pois a veciñanza está desprotexida e desinformada, e unha vez máis non cumple o acordado entre as distintas forzas. Tamén queremos que se nos informe das alegacións en contra dos eólicos presentadas ata o de agora por parte do Concello, así como dos avances acadados ata o momento".

A Plataforma de Afectados polos Eólicos de Vila de Cruces nunha das súas citas informativas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page