top of page

O BNG critica "a teatralización da Xunta de Galicia no arranxo da PO-205 ao seu paso por Silleda"

Ecos da Comarca/Silleda

O BNG critica "a teatralización da Xunta de Galiza no arranxo da PO-205 ao seu paso por Silleda". Denuncia "a falta dunha actuación integral nunha infraestrutura que presenta importantes deficiencias de seguridade viaria que ten tráfico intenso diariamente".

En resposta ás iniciativas rexistradas polo BNG no Parlamento Galego no mes de febreiro para reclamar a mellora integral desta estrada, de preto de 14 quilómetros de lonxitude e cun tráfico diario que, segundo recoñece o propio Goberno galego, supera os 3.000 vehículos, a Xunta de Galiza limitouse, apunta o Bloque, "a realizar un bacheo puntual poucos días despois da presentación das propostas, deixando ademais os traballos sen rematar".


Dende o BNG lembran que “o estado da PO-205 é moi deficiente, feito que afecta á vida diaria da veciñanza e que resulta especialmente preocupante ás portas da celebración da Semana Verde de Galicia, que comeza esta semana e que atraerá milleiros de visitantes que utilizarán esta vía” como sinala a portavoz do BNG, Erea Rey.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Neste sentido, consideran que a imaxe que se ofrece é consecuencia directa da falta de mantemento e planificación por parte da Xunta, que se dedica, segundo a deputada nacionalista Ariadna Fernández a “parchear a golpe de iniciativa, sen ter plan nin proxecto

para os concellos de interior coma Silleda”.


A formación nacionalista considera irrisorio que o Goberno galego presuma de ter investido apenas 50.000 euros nesta estrada desde o ano 2017, unha cantidade claramente insuficiente para garantir unhas condicións adecuadas de circulación.

Segundo denuncian, durante estes anos as únicas actuacións realizadas consistiron en

bacheos puntuais que non solucionan os problemas estruturais da vía. Cuestionan

ademais que a Xunta afirme estar comprometida coa seguridade viaria, a mobilidade

sostible e a conservación das estradas mentres limita a súa actuación a medidas

extraordinarias e ocasionais que non responden ás necesidades reais da cidadanía.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Fernández, que trasladou ao Parlamento as demandas formuladas polo BNG de Silleda, criticou a “actuación teatral á que xa estamos acostumadas na comarca” do Goberno galego, que "decidiu actuar apenas dous días despois do rexistro das iniciativas e tras a difusión pública do estado lamentable da estrada". Segundo a deputada, esta reacción evidencia que “a Xunta coñece perfectamente a situación da PO-205, pero só actúa de maneira puntual cando existe presión política e mediática”. Por todo isto, o BNG reclama unha intervención integral e planificada na PO-205, que garanta a seguridade das persoas usuarias desta infraestrutura estratéxica para a comarca.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page