top of page

O BNG censura "a falta de apoio do PP aos proxectos agrarios e forestais de Agolada mentres dá un trato de privilexio a Altri"

Ecos da Comarca/Agolada

A deputada lalinense Ariadna Fernández acusa ao Goberno do PP de dar un “trato de privilexio” a Altri para instalar unha macrofactoría de celulosa “no corazón de Galiza” mentres proxectos agrarios e forestais enraizados no territorio e sostibles dende o punto de vista do medio ambiente agardan polo apoio da Xunta. Así o asegurou logo de reunirse en Agolada cunha representación da Asociación Queremos Parcelaria, á que trasladou as iniciativas rexistradas polo BNG no Parlamento galego para impulsar o proceso de concentración comprometido polo Goberno da Xunta, que acumula até 22 anos de retraso.

Na reunión, á que asistiron os tamén deputados Secundino Fernández e Sonia Vidal, así como a concelleira Susana Tato e outros representantes do BNG na comarca, abordouse en concreto o “desconcerto” que viven os veciños respecto dos trámites das concentracións parcelarias de Agra-O Sexo-Val de Sangorza; A Baíña-Berredo-Órrea e

Basadre-Eidián-Ramil, todas “prometidas e adiadas en numerosas ocasións”, criticou a

deputada, lembrando que as primeiras sinaturas recollidas para que se acometesen

estes procesos remóntanse ao ano 2002.


Ariadna Fernández lembrou, neste sentido, que a última vez na que o Goberno do PP

se comprometeu coa parcelaria foi a principios do ano pasado, cando representantes da

Consellería de Medio Rural se achegaron a coñecer a zona, prometendo volver en

decembro dese mesmo ano.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

“Xa daquela chegaban tarde para moitas explotacións, que tiveron que pechar por falla de continuidade ou por unha rendibilidade baixa derivada, en parte, polo minifundismo”, criticou a deputada de Deza, quen se fai eco da preocupación da veciñanza, que teme ser vítima dun “novo engano” e que máis unha vez as promesas queden en saco roto.


“É unha burla ter agardando á xente 22 anos por proxectos de concentración parcelaria que terían dinamizado a economía e suposto un gran avance para o sector primario, que segue a padecer as políticas de abandono e desleixo do PP, que polo visto ten maior apuro e interese en favorecer outros proxectos antes que as propios veciños e veciñas, que tratan de conservar a vida que queda no rural galego, invisible a ollos da administración”, criticou a responsable de Industrias Alimentarias no goberno alternativo

do BNG en alusión ao apoio do Executivo de Rueda á pasteira que Altri quere instalar

na comarca.


Ariadna Fernández lamentou así a situación dos afectados polas parcelarias e daqueles

que quedaron fóra sen saber motivo, como foron os veciños das parroquias de Brocos e Sesto.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Na súa iniciativa, subliña a importancia que ten a defensa do sector primario para concellos como Agolada, non só pola súa importancia económica e capacidade para xerar riqueza senón tamén pola súa contribución á prevención de incendios forestais e, sobre todo, a que haxa un relevo xeracional á fronte das explotacións gandeiras, evitando “a deriva que sofre o rural de todo o País, cunha crise demográfica que está a converter a metade de Galiza, en especial as zonas de interior, nun deserto”. Agolada, cun territorio duns 150 quilómetros cadrados, perdeu nos últimos 30 anos o 60 % da súa poboación, conclúe a deputada do Deza.



1 Comment


xocas gonzalez
xocas gonzalez
May 18, 2024

So interesan se poden arrendalas por eles mesmos

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page