top of page

O BNG celebra este sábado un acto público en Vila de Cruces co motivo do día da Patria Galega

Intervirán a nova responsable local, Cristina Fernández Barros, o voceiro municipal, Álex Fiúza, e o deputado no Congreso, Néstor Rego


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Este sábado 24 de xullo o BNG celebrará cun acto público en Vila de Cruces, con motivo do día da Patria Galega.

Será na praza da Igrexa da vila, ás 19:00 baixo o lema Unha Galiza sen Límites cun BNG sen límites, como preliminar na comarca do Deza á manifestación que se celebrará o día 25 ás 12:00 na Alameda de Santiago de Compostela.

No acto de Vila de Cruces intervirán, a nova responsable local, Cristina Fernández Barros, o voceiro municipal, Álex Fiúza, e o deputado no Congreso, Néstor Rego.

ree
Álex Fiúza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page