top of page

O BNG Agolada di que xa están acostumados a que a Xunta do PP "só se acorde das necesidades do seu concello cando están preto eleccións"

Recórdalles aos populares que o colexio do municipio precisa máis inversión que o cambio de ventás


Ecos da Comarca/Agolada

Dende o BNG Agolada indican que xa están acostumados a que a Xunta de Galicia do Partido Popular "só se acorde das necesidades do seu Concello cando están preto eleccións". “Agora o Xefe Territorial de Educación ven de anunciar xa está preparado o proxecto de remate de todas as ventás e que se fará no curso 2024/25. Isto anúnciao, sen ruborizarse, a catro días de inicio da campaña electoral. E despois de votar en contra das iniciativas parlamentarias do BNG, e das emendas os presupostos presentadas polo grupo nacionalista”.


Susana Tato, concelleira do BNG de Agolada.

Dende o BNG agolense queren recordarlle o Partido Popular que en setembro do ano 2022 o Xefe Territorial mantivo unha reunión ca ANPA de Agolada, onde se comprometeu xa a facer o estudio e presupostos para levar a cabo os arranxos. "Dende setembro do ano 2022 non tiveron tempo de anunciar nada e moito menos de facer nada ata días antes do inicio da campaña". O cal o BNG lle parece "moi sospeitoso e unha clara manobra para gañar votos, aínda que xa están acostumados a este tipo de política no Concello. A compra de votos con promesas que non van a ningún lado”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Só esperan que esta non sexa unha promesa que caia en saco roto. “O que xa nos teñen moi acostumados. Queremos recordar que o 30 de abril do 2023 tamén anunciaron a reactivación das parcelarias, tamén as portas do inicio da campaña electoral para as municipais. Pero quedou niso, nun anuncio, porque pasaron as eleccións e nada cambiou”. Recordan que xa era a segunda campaña electoral onde facían un anuncio das parcelarias que xamais cumpriron.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Tamén queren recordarlles que o colexio do concello precisa máis inversión que o cambio de ventás. Xa que, polo que lle consta o grupo do BNG hai graves problemas de humidades e goteiras, e incluso problemas estruturais provocados pola humidade que necesitan inversión, “a no ser que queiramos ver caer o noso colexio”. Indica o equipo do BNG de Agolada, “aledámonos que a Xunta invista no noso concello, pero que o faga de verdade e durante os catro anos que duran as lexislaturas, xa estamos cansos que veñan con promesas de inversións as portas das campañas electorais e que nunca cumpran os

compromisos”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Confían dende o equipo do BNG local que os veciños e veciñas non se deixen seguir enganando nin manipulando con políticas baseadas en promesas incumpridas. E tamén desexan que o Partido Popular "está vez si cumpra co anuncio feito e non empregue o benestar dos nenos e nenas do concello para facer a política das mentiras que tanto lles gusta".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page