top of page

O BNG acusa ao Sergas de "non tomar medidas correctoras" tras unha morte no ambulatorio de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG acusa ao Sergas "de non tomar ningún tipo de medidas correctoras tras a morte dun home no centro de saúde de Lalín en 2019". "O TSXG condenou ao Sergas a indemnizar á familia do falecido por perda de oportunidade ao acudir aos servizos sanitarios, sentenza que o Conselleiro de Sanidade declarou avaliarían a posibilidade de recorrer e que finalmente acatarán", recalca o Bloque.

O antigo centro de saúde. Autor: Páxinas Galegas.
O antigo centro de saúde. Autor: Páxinas Galegas.

Dende o BNG presentaban en novembro do pasado ano iniciativas parlamentares ao respecto deste caso tras coñecer as declacións do conselleiro de Sanidade ao referirse á sentenza onde o Servizo Galego de Saúde saía mal parado e que as nacionalistas califican de “carentes de sentido da xustiza e de dunha falla de empatía total”.


Dende o BNG cuestionaron nese momento que se recorrera a sentencia que lle daba a razón á compañeira do falecido e que implicaba unha indemnización de 20.000 euros, que en ningún caso, devolvería a vida ao varón de 70 anos que ficou sen vida 6 horas despois de acudir ao centro de saúde lalinense. Apelaba a deputada nacionalista e lalinense Ariadna Fernández naquel momento a cumprir co fallo “por unha cuestión de xustiza e sobre todo, asumindo que os erros no Sergas poden custar vidas”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Estas situacións, derivadas dunha mala xestión da triaxe e que agrava aínda máis

a precarización do servizo público de Sanidade por parte da Xunta de Galiza, poden levar

por diante vidas ou causar danos irremediables, sen que as profesionais sexan as

culpables, simplemente o Sergas non se dota dos recursos necesarios nin a nivel persoal nin material e quen o pagan son os doentes e as súas familias, que se ven infraatendidos, algo que en Lalín é frecuente, por desgraza”, recalca o BNG.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A gravidade dos feitos, segundo Ariadna Fernández, reside en que “o que ocorreu fai 6 anos con este doente que sufriu unha perda de oportunidade ao non ser debidamente atendido, pode volver pasar en calquera momento, xa que non se tomaron medidas ao respecto e as eivas seguen a ser exactamente as mesmas”. Reitera que están preocupados "pola deriva do noso sistema sanitario e solicítalle ao goberno lalinense que inste ao goberno galego a que tome cartas no asunto e proceda a corrixir as eivas que sufrimos todas e todos os lalinenses".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page