O BNG acusa á Xunta de "mentir sen pudor" sobre o abandono das vías de servizo da AG-53 en Dozón
- ecosdacomarca

- 25 jul
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) acusou onte formalmente á Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas de "faltar á verdade de maneira descarada" na súa
resposta parlamentaria ás iniciativas rexistradas sobre o deplorable estado de mantemento dos camiños de servizo asociados á autoestrada AG-53 no concello de
Dozón.

PUBLICIDADE
Para o BNG, a contestación por escrito do Goberno galego supón un "insulto á
intelixencia dos veciños e veciñas e unha falta de respecto intolerable cara aos gandeiros
do municipio que sofren a diario o illamento e a perigosidade duns viais completamente
abandonados. Unha resposta oficial e auténtica ficción que nega a realidade", así califica a deputada Ariadna Fernández a información remitida pola Xunta de Galicia, onde se afirma textualmente que a conservación destas vías se realiza de xeito “continuado” e que as inspeccións de febreiro de 2026 só detectaron “deficiencias puntuais en catorce lugares”, asegurando que “ningunha delas impedía o tránsito” e que a única afección grave xa foi reparada en abril. Ademais, o Executivo do PP sostén que a maleza só invadía
“parcialmente” un camiño e que xa foi rozada.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Pero o Bloque recalca que a realidade a pé de campo en Dozón amosa unha situación límite: existen xa camións de transporte de pensos e animais que se negan a transitar por estas vías de servizo ante o risco real de envorcar ou quedar atrapados. A formación destaca que se produciron enterramentos de terreo e afundimentos na calzada que fan moi complexa a circulación e que a vexetación invade os viais ata o punto de reducir a visibilidade e o espazo de paso.
PUBLICIDADE
Para Fernández, “minimizar 14 puntos críticos nun tramo de apenas 10 quilómetros é unha irresponsabilidade” e censura con dureza que a Xunta minimice o problema. "Dicir que catorce puntos estratéxicos destrozados son deficiencias puntuais que non impiden o tránsito demostra que ningún responsable da Consellería pisou Dozón neste ano e que,
de facelo, non visitou os viais de servizo", sinala o BNG, que esixe á Consellería de Vivenda e Infraestruturas que "deixe de agocharse detrás de informes burocráticos e execute de maneira urxente e inmediata unha campaña real de reparación estrutural dos
viais e unha roza integral que devolva a seguridade á zona. O sector lácteo e gandeiro de
Dozón non pode depender de promesas para o longo do verán nin de escusas competenciais mentres a circulación está comprometida", conclúe.









Comentarios