top of page

O BNG: "A ameaza eólica en Goiás e Maceira segue sendo a mesma e o parque Cefiro segue en trámites"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O partido nacionalista lalinense considera que a renuncia da empresa pode deberse "a evitar unha confrontación entre promotoras eólicas que disputan o mesmo territorio"


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín cualifica "de apresurado o triunfalismo co que, tanto o alcalde de Lalín,

coma o PSOE local, celebraron a suposta retirada de avais, e polo tanto renuncia da promotora eólica de continuar cos parques eólicos de Porcallos e Val de Folgoso, nos

montes de Goiás e Maceira. Mentres ambos manteñen unha estéril disputa de a quen se

lle debe recoñecer tal falso logro, o problema segue latente para eses lugares e pode

amosar ao nivel ao que se está chegando con esta situación de depredación eólica do

territorio", recalca.

Lembra que foi o BNG quen destapou a situación e liderou este conflito, denunciando a ameaza, non só destes dous parques eólicos, senón o dun terceiro, o PE Cefiro (56 MW), doutra promotora, que entraba en conflito cos dous primeiros. "Entre outras cuestións, foi o BNG quen denunciou primeiramente o disparate destes parques eólicos en terras agrogandeiras. Poñendo de manifesto a veciñanza e nas súas alegacións, que tanto PE Cefiro coma PE Porcallos disputaban practicamente os mesmos emprazamentos".


Por iso subliña que "xa que tan supostos “bos froitos” deron as súas xestións, cominamos a ambos, uns dende o Concello, e aos outros dende a súa proximidade ao Ministerio responsable da tramitación destes parques, que pregunten se detrás da retirada do aval e renuncia dun dos promotores, está a disputa entre promotores distintos por un mesmo territorio eólico, no que ambos tramitan un proxecto idéntico, e evitar así entrar ambos nunha confrontación de intereses. De ser así, o conto cambia moito, sería moi grave, e a motivación pola que unha delas renuncia resultaría ben distinta".

Dende o BNG sinalan que "estaremos tranquilos sobre esta cuestión, no momento en que vexamos publicadas as resolucións denegatorias destes parques. Tanto dos que promove Capital Energy (Porcallos e Val de Folgoso) coma o que que promove Greenalia (PE Cefiro). De feito, para promotora eólica do PE Cefiro, abríaselle o prazo para a solicitude de

autorización administrativa previa e o estudio de impacto ambiental, mediante o anuncio no «BOE» núm. 168, de 15 de xullo de 2021. Atopándose nestes momentos no fin da tramitación da fase potestativa, para o que o Ministerio de Transición Ecolóxica deberá avanzar no expediente administrativo de autorización. Para este parque eólico a Xunta manifestou o seu rexeitamento por estar fóra dunha zona aprobada de desenvolvemento

eólico, máis dito posicionamente non resulta vinculante para o órgano ministerial responsable da súa autorización".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page