Laura Moure/Arzúa
Baixo o lema “O benestar da infancia; un desafío compartido” celebrouse no centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral (Arzúa) esta semana un programa de actividades con profesionais multidisciplinares que puxeron o foco en diversos aspectos do coidado e educación infantil.
O letrado compostelán Evaristo Nogueira (no centro) protagonizou a última conferencia da II semana da infancia.
O papel da dirección dun centro educativo foi exposto por Ángeles Santamarta, directora do CPR Nuestra Señora del Rosario, de Arzúa. “Partindo do eixe vertebrador do benestar de toda a comunidade educativa débese promover un bo clima de afecto e seguridade como dereito básico dos menores”. Santamarta incidiu en que os centros educativos infantís deben ser espacios de amor e resiliencia onde cada un poida contribui o seu gran de área.
O papel das familias estivo representado grazas á conferencia protagonizada por ACOUGO (Asociación Galega de Familias de Acollida). Natalia Gómez Bayón, nai de acollida e socia colaboradora de ACOUGO afondou na diversidade de realidades sociofamiliares nas que viven os nenos. Visibilizouse o acollemento familiar como medida do sistema de protección á infancia e importante ferramenta a prol do benestar infantil.
Carmen Mª Martínez Conde, directora do máster de orientación familiar da UNIR abordou aspectos básicos a ter en conta na educación das nenas e nenos de cara a garantir o seu benestar; amor, estilo de crianza democrático, parentalidade positiva, asertividade, resiliencia...facendo fincapé no desafío e responsabilidade que teñen as educadoras/es infantís no seu desempeño profesional, en tanto que as familias deixan cada día con eles/as o "seu ben máis preciado".
A mesa redonda "O papel dos educadores infantís no benestar dainfancia: escolas infantís e tempo de lecer”protagonizou a actividade central do mércores coa participación de Concepción Fernández López, directora da Galiña Azul de Melide, Mallo Rodriguez Bernal, coordinadora do Centro de educación infantil Dolores Ramos e Nathalie Budiño, responsable da empresa de ocio e tempo libre La Gramola.
O xoves celebráronse as conferencias "Atención e acollida na aula a nenos con enfermidades de longa duración" a cargo de David Vivar, coordinador de Asotrame e "A xurisdicción en familia como garante dos dereitos da infancia" impartida por Evaristo Nogueira. O letrado compostelán destacou a situacion privilexada dos educadores para detectar situacións de neglixencia ou abandono onde non se cumplan os dereitos fundamentais dos máis cativos. "É fundamental detectar, intervir e denunciar os casos nos que os nenos estan desamparados”
O programa de actividades completouse cunha dinámica compartida entre o alumnado dos ciclos de educación infantil e márketing e publicidade do centro en torno ós aspectos a ter en conta no deseño da cartelística relacionada coa infancia, o concurso de curtametraxes realizados polo alumnado do ciclo de educación infantil sobre os dereitos da infancia e a performance musical interpretada polo alumnado do primeiro curso de educación infantil que pechou a II Semana da Infancia.
Comments