top of page

O atleta lalinense Pepe Domínguez, subcampión de España en xavelina

Éxito da Escola de Atletismo Deza na participación na primeira proba do XOGADE


Ecos da Comarca/Deza

Este domingo a Escola de Atletismo Deza participou na primeira xornada do campionato XOGADE que organiza a Xunta de Galicia. Preto de corenta rapaces e rapazas das categorías sub10 e sub12 (de entre 7 e 11 anos) desprazáronse ata o CGTD de Pontevedra, un récord para a Escola do Atletismo Deza.

Aínda que nestas probas non hai galardóns, obtivéronse moi bos resultados nas diferentes

modalidades nas que participaron: 50 ml, 60 ml, 500 ml, 1.000 ml, 2.000 ml, salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de peso, lanzamento de pelota, relevos 4x50 e relevos 4x60. "Foi unha xornada con moito éxito para a escola que agardamos se repita pronto, ademais que serve de contacto coas probas competitivas para os máis pequenos".

Podium

"O noso adestrador e atleta lalinense Pepe Domínguez participou esta fin de semana en Badajoz no Campionato de España de lanzamentos longos máster. Participou en lanzamento de xavelina e proclamouse subcampión de España, cunha marca de 41,29 metros. Os noso máis sinceros parabéns para este lalinense e destacamos que é unha honra contar con el no noso panel de adestradores".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page