top of page

O astrónomo Eduardo Ojero impartirá o venres 12 en Vila de Cruces unha charla sobre a eclipse solar

O experto fará a observación guiada desde O Alto da Madanela e outra observación das Perseidas no antigo campo de fútbol de Piloño o vindeiro 12 de agosto


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces organizará o venres, 12 de xuño, unha charla informativa sobre a eclipse total de sol do vindeiro 12 de agosto. Baixo o título “Coñece todo sobre a eclipse solar e prepárate para vivilo”, o astrónomo Eduardo Ojero ofrecerá este relatorio ás 20:00 horas no Auditorio Xosé Casal.

Eduardo Ojero Pascual (Valladolid, 1954) ten unha extensa carreira como astrónomo, traballou no Observatorio de Calar Alto, en Serra Nevada, e no Centro de Astronomía

Espacial da Agencia Espacial Europea, en Villanueva de la Cañada en Madrid, e actualmente é membro da Sociedade Galega de Astrónomos. Actualmente, xa

xubilado, reside na parroquia cruceña de Piloño. Con esta dilatada traxectoria explicará

de forma sinxela aos participantes da charla que é un eclipse solar total. “Hay una

banda de la totalidad del eclipse donde la sombra de la luna ocultará por completo el

sol, sumergiendo esa zona en oscuridad”, explica. O experto sinala que en Cruces

poderanse ver 20 segundos de ocultación total de sol a partir das 20:30 horas. En

concreto, o día do eclipse está prevista unha observación guiada por Eduardo Ojero no

Alto da Madanela.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O astrónomo tamén destacará na charla cales son as principais medidas de protección

para visionar sen riscos o eclipse. En primeiro lugar, ve indispensable o uso de gafas

de eclipse, sobre todo para que os máis pequenos poidan gozar deste fenómeno sen

perigo. Outros sistemas que apunta Ojero para observar o eclipse, aínda que máis

destinados a profesionais, son o uso da caixa estenopeica, tamén chamada cámara

escura, un dispositivo sinxelo que permite observar un eclipse solar sen arriscarse a

sufrir danos nos ollos; ou o uso dun telescopio para proxectar a imaxe nunha pantalla

no chan, duns prismáticos ou dun telescopio solar para ver o eclipse de forma máis

precisa, sempre utilizando un filtro solar homologado na parte frontal do obxectivo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Finalmente, o 12 de agosto Eduardo Ojero tamén fará unha observación guiada das

Perseidas, cunha explicación previa sobre as constelacións, un fantástico espectáculo

para ver no antigo campo de fútbol de Piloño a partir da media noite.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page