top of page

O arzuán Xosé Zapata gaña o premio Goya 2022 á mellor curtametraxe de ficción con 'The Monkey

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

The Monkey do arzuá Xosé Zapata e Lorenzo Degl’Innocenti recibiu este sábado o Premio Goya 2022 á Mellor Curtametraxe de Ficción. O filme superou a Nacer, de Roberto Valle; a Proceso de selección, de Carla Pereira e a Umbrellas, de Álvaro Robles e José Prats.

Proxección de The Monkey en Arzúa o pasado 17 de decembro.

The Monkey estreouse en 2021 e por suposto, puido verse en Arzúa. A súa historia remóntase a 1588, cando un náufrago da Armada Invencible enviada por Felipe II desde Lisboa para conquistar Inglaterra é capturado nunha praia de Irlanda. Alí, é xulgado, declarado culpable e aforcado. Todo sería moi razonable seguindo as leis da guerra e o odio entre os seres humanos, o problema é que o prisioneiro é un mono.


Zapata no momento de recoller o premio fixo unha mención especial a Arzúa, tal e como se pode escoitar no seguinte vídeo. "Un momento moi emocionante para toda Arzúa durante a gala dos Premios Goya 2022... Moitísimos parabéns Xosé por este premio, por apostar pola cultura e o cine e sobre todo, por lembrar aos teus veciños, a túa terra galega, Arzúa", sinala Arzúa Turismo, a través do seu perfil de Facebook.

Recepción na Deputación

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, recibiron hoxe no pazo provincial ao cineasta ao que felicitaron polo Goya á mellor curtametraxe de animación. González Formoso agradeceulle ademais "a mención á Deputación da Coruña" que este carralés afincado en Arzúa fixo na gala dos Premios Goya celebrada o pasado sábado, 12 de febreiro, e explicou que "nesta institución sentimos como parte de nós a 'The Monkey'" xa que é unha das beneficiarias das axudas da área de Cultura para empresas de produción e distribución audiovisual.

"Os Goya amosaron de novo o extraordinario talento do cine e do sector audiovisual galego", afirmou Formoso, que tamén quixo dar os parabéns "aos outros galegos que foron premiados ou que forman parte de pezas galardoadas: Chechu Salgado, Zeltia Montes, Chelo Loureiro, Nani García... e a todas as persoas que se deixan a pel durante todo o ano para que, un ano máis, Galicia se posicione como un referente no audiovisual nacional".


O deputado de Cultura, Xurxo Couto, destacou "o apoio constante ao sector audiovisual galego e en galego, unha aposta que se materializa tanto a través das axudas á distribución de filmes como en diversos programas e proxectos en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual". The Monkey é unha coproducción entre España e Portugal, froito dun longo traballo de case cinco anos que narra unha fermosa fábula contra o racismo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page