O artista monterrosino Sergio Alba presenta en Lalín o espectáculo "Dous rombos... Pasa para a cama"
- ecosdacomarca

- 12 oct
- 1 Min. de lectura
Será o 19 de outubro e as entradas xa están á venta
Ecos da Comarca/Lalín/Monterroso
O polifacético artista monterrosino Sergio Alba, presenta en Lalín o espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para a cama" Un show no que o pasado, estará moi presente.

"É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor", sinala Alba. "Lembraremos entre risas, aquel tempo no que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor".
Unha época, apunta, "na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade", salienta o artista da Ulloa.
Publicidade
Para asistir a este show retro-activo, "soamente precisades gañas de desenchufarvos da rutina dixital, e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico".
Terá lugar no Salón Teatro de Lalín (Auditorio do Conservatorio Municipal) o domingo 19 de outubro ás 19.00 horas. Entradas anticipadas ata xoves 16 en Don Bombón e Froitería Maragota.







Comentarios