Laura Moure/Xeral
O tempo hoxe estivo revolto en toda Galicia. Os chuvascos foron os protagonistas ao longo da xornada, semellando un verdadeiro día de inverno. Sen embargo, tamén deixaron paso ao arco da vella, que sempre é benvido.
O arco da vella nunca pasa desapercibido pola súa beleza e sorprende a aparición destas sete cores que atravesan o ceo. De onde saen estas variadas tonalidades? Estas son as cores da luz do sol, que aínda que se ve amarela ou branca, está formada por unha combinación de todas as cores do espectro. O sol produce luz de todas as cores e cando se xuntan, sorprendentemente vese branca (como sucede no experimento do disco de Newton). Pero é todo o contrario se tomamos a luz do sol e a separamos e é aí cando se forman as cores do arco da vella.
Arco da vella esta tarde en Berredo (Agolada).
Autor: Ecos da Comarca.
Lendas
Hai diversas lendas sobre a formación deste fenómeno óptico e metereolóxico. Unha delas é que fai moito tempo as cores estaban discuntindo entre elas por ver cal era a máis importante de todas. Cada unha era fermosa a súa maneira, pero non se poñían da cordo.
De súpeto, apareceu un branco esplendor que iluminou o ceo asustándoas. Era un relámpago. No medio daquela tormenta a choiva falou: "É inútil que tratedes de impoñervos unhas sobre outras porque todas sodes igual de importantes e necesitádevos unhas ás outras". E así deronse conta de que tiñan razón. Deixaron de pelexarse e asinaron a paz. E tras pasar a tormenta, uníronse para formar o arco da vella no ceo. E por iso, dende entón este fenómeno fai referencia ao equilibro que existe no mundo natural.
Ademais, o arco da vella é o símbolo da calma despois da tormenta, por iso foron moitos os que se pintaron durante a pandemia do coronavirus, porque sen dúbida, sairemos desta!
Comments