O arcebispo de Santiago oficiará as misas dos domingos en San Breixo de Foxás, en Touro
- ecosdacomarca
- 28 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro

No día de onte a Asociación San Breixo recibiu, tal e como nos conta a este medio, notificación por parte da Arcebispado de Santiago de Compostela comunicándolle que será o propio arcebispo de Santiago, mons. Francisco J. Prieto Fernández, quen oficie as misas dos domingos en dita parroquia durante o vindeiro ano 2024.
Publicidade
O arcebispo celebrará as misas dominicais de forma temporal ata que non se asigne un
párroco definitivo a parroquia de Foxás. As misas serán tódolos domingos as 13:30 horas, unha vez que se oficie a misa do peregrino na Catedral de Santiago.
Publicidade
Dende finais do mes de outubro na parroquia de Foxás non se oficiaron máis misas dominicais, o motivo de que non se celebraran máis misas foi porque o párroco titular, D. Sidónio Alves de Sousa, presentou ante o Arcebispado o seu cese voluntario e inmediato de dita parroquia.
Representantes dos veciños e membros da Asociación do San Breixo mantiveron, tal e como sinalan, dende outubro reunións co propio Arcebispo Compostelán para que se buscase solución e se nomease un novo párroco para dita parroquia. Dende o primeiro día os representantes dos veciños din que o Arcebispo manifestou que sería el mesmo quen se encargaría do asunto e comprometeuse a que na próxima ordenación sacerdotal, a parroquia de Foxás contaría cun novo párroco.
Publicidade
Os veciños de Foxás non saen do seu asombro pola decisión tomada polo Arcebispo Mons. Prieto, Arcebispo nomeado polo papa Francisco o 1 de abril de 2023, e hoxe mesmo enviaranlle escrito de agradecemento e incluso lle ofrecerán a posibilidade de rehabilitar a casa reitoral para que poida desfrutar das tardes do domingos na “aldea”.
Comments