Laura Moure/Deza
O Apalpador, o seu burro Río Lor, e o acordeonista Servando Barreiro percorrerán este ano 46 concellos de todas as comarcas da provincia da man da Deputación para dar a coñecer a tradición galega do Nadal ás nenas e nenos. Entre eles desprazarase aos seis concellos da Comarca de Deza. De feito, esta semana estará en Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro e Vila de Cruces.

Dentro da programación ‘Nadal en galego' do Servizo de Lingua, por sétimo ano consecutivo, farán desfiles e títeres que arrincarán sorrisos da cativada con música, baile e anécdotas, promovendo valores como a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable. Arrancou este luns, 19 de decembro, e prolongarase ata ao 4 de xaneiro en horarios de mañá e tarde.
En concreto, o xoves, día 22, visitará Dozón e o venres, 23, estará en Agolada, Lalín, Rodeiro e Vila de Cruces. Mentres a Silleda chegará o 29 de decembro. Os interesados poden obter información dos horarios e resto de concellos no enlace:
Comments