top of page

O alumnado dos tres centros de Silleda disputaron unha competición de atletismo no pavillón César G. Fares

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta estivo organizada polo Clube Escola Atletismo Deza


Laura Moure/Silleda

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández; a concelleira de Deportes, Mónica González; e o concelleiro de Reto Demográfico, Manuel Requeijo, acudiron este venres ao pavillón César G. Fares, onde se celebraron probas de atletismo nas que participaron os tres centros de Primaria do municipio.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Nesta competición, organizada polo Clube Escola Atletismo Deza, e que xa comezou o pasado xoves, participaron os alumnos e alumnas de varios cursos de Primaria dos tres centros educativos de Silleda (CEIP de Silleda, CEIP Ramón de Valenzuela e CEIP María Inmaculada).

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Entre as probas que fixeron están lanzamento de vórtex, lanzamento de balón medicinal, salto de lonxitude e carreira de relevos, entre outros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dende o Concello de Silleda agradécese tanto a participación dos centros como o traballo do clube de Atletismo Deza, que este mesmo ano iniciou cun notable éxito a súa actividade no municipio silledense.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page