top of page
Foto del escritorLaura Moure

O alumnado do obradoiro dual de emprego 'Terras da Montaña' realiza prácticas en Sobrado dos Monxes

Laura Moure/Sobrado dos Monxes

O alumnado do obradoiro dual de emprego Terras da Montaña está a realizar nestes días as prácticas do módulo de xardinaría en diversos puntos do concello de Sobrado.


Xa levaron a cabo labores de produción de plantas, utilizando diversas técnicas, plantación de especies ornamentais, preparación do terreo e sementeira do céspede da piscina, preparación de xardineiras, labores de segado ou desbroce, entre outras.


Por outra banda, tamén están a renovarse os bancos do paseo e da piscina e as figuras de madeira do xardín de Santiago do Campo, así como o parterre co nome do Concello.


0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page