Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O alumnado do Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra acondiciona Brandelos

Laura Moure/Touro

Os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra 2020-2021 estiveron nos últimos días facendo traballos de acondicionamento e mantemento do espazo natural de Brandelos, unha área recreativa ubicada na parroquia de Prevediños, no concello de Touro. O proxecto laboral impulsado pola Xunta de Galicia, que forma a 20 desempregados, conta con dúas especialidades: actividades auxiliares en conservación en mellora de montes e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.


Os traballos que fixeron na Área Recreativa de Brandelos consistiron no desbroce de maleza, na poda das árbores deste espazo, na limpeza da marxe do río Brandelos e a retirada de madeira do cauce do río, na recollida de folla e na limpeza de fontes e outras estruturas. Esta iniciativa do Obradoiro de Emprego está financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e conta cun orzamento de preto de 350.000 euros.


O espazo natural de Brandelos ten moita relevancia no Concello de Touro e nos arredores. A Área Recreativa de Brandelos, presidida por unha capela, conta tamén con un local de baños para quen queira aproveitar a bondade das augas sulfurosas, o seu principal reclamo. O río Bandelos, que lle da nome a este espazo, e varias fontes completan esta área recreativa dominada tamén por unha fermosa carballeira.


O 20 alumnos do Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra 2020-2021 continuarán facendo nos catro concellos desbroces e acondicionamentos de distintos espazos e camiños municipais. Traballarán na mellora das áreas e viarios públicos, reforzando ao mesmo tempo as tarefas de prevención contra os incendios forestais.

Alumnos desbrozando a Área Recreativa de Brandelos, en Touro.

88 vistas1 comentario
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE