Laura Moure/Palas de Rei
Co obxectivo coñecer, identificar e previr as diferentes formas de violencia de xénero que se poden dar no contexto dixital, o alumnado do IES do Camiño de Palas de Rei, dende 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, 1º de BAC e 2º ata FP básica participou este martes no Taller de Violencia de Xénero no Novo Contexto Dixital".
Este taller incorpórase ao coñecemento de conceptos básicos pero, especialmente, está orientado á prevención e o fomento percepcións e actitudes cara á Violencia de Xénero Dixital, así como a coñecer procedementos que diminúan o seu impacto. Ao longo do mesmo, desenrolaronse diferentes contidos como: violencias de xénero e violencia machista; violencia verbal ( Whatsapp, Instagram...); violencia de control nas parellas cando se dá? e como identificala?; violencia sexual: acoso, abuso, “sextorsión”, “sexpreading” e porno vengativo; o “sexting”; o respecto pola privacidade e as imaxes íntimas alleas; a presión do like e os algoritmos, entre outros que espertaron a o interese dos participantes.
Dito taller forma parte do conxunto de actividades do Centro de Información a Muller en conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Comments