Laura Moure/Palas de Rei

En conmemoración do Día da Árbore, o alumnado do CEIP de Palas de Rei visitou a plantación das árbores, feita fai un ano, nas instalacións da pista do hipódromo de Vilar de Donas. Os alumnos fixeron unha comprobación do estado das árbores que se encargaron de plantar e apadriñar.
Unha xornada de concienciación ambiental, na que tamén, desfrutaron do espacio verde que ofrecen as instalacións en Vilar de Donas.
Dende a Asociación A Capela de Vilar de Donas, impulsora da iniciativa de plantación e apadriñamento das árbores, o seu presidente, Raúl Lopez, fai fincapé “na importancia do coidado mediambiental e da preservación das árbores como fonte de vida, quen destaca a importancia deste tipo de iniciativas para concienciar as xeracións máis novas”, a súa vez, “agradece as entidades públicas como ó Concello de Palas e as empresas privadas como: Granxas Campomaior e Alibós pola colaboración que fixeron posible esta iniciativa”
Comments