top of page

O alumnado do CEIP de Palas de Rei apadriña as árbores do hipódromo de Vilar de Donas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O alumnado do CEIP de Palas de Rei, finalmente, apadriñou as 72 árbores autóctonas prantadas nas instalacións do hipódromo de Vilar de Donas. Os nenos e nenas, acompañados polos respectivos profesores, xunto cos integrantes da Asociación a Capela de Vilar de Donas, organizadora do evento, ademais da dirección Obradoiro de Emprego Camiño de Santiago II, foron desenvolvendo o acto de apadriñamento de cada unha das árbores, de maneira que cada dous alumnos/as apadriñaban unha árbore.

Esta actividade enmárcase dentro da programación prevista pola Asociación A Capela de Vilar de Donas, con motivo do día da árbore, co obxectivo de concienciar ao máis novos sobre a importancia das árbores autóctonas como fonte de vida e o respecto e a protección das superficies arboradas. Para isto, contou coa colaboración do CEIP de Palas de Rei, do Concello, do Obradoiro de emprego Camiño de Santiago II, Alibós e Granxas Campomaior.

A súa vez, os nenos e nenas tamén escoitaron as indicacións previas sobre a importancia das árbores como fonte de vida no ecosistema por parte de Alicia López, enxeñeira agrícola e directora do Obradoiro Camiño de Santiago II. Despois do acto de apadriñamento, desfrutaron dunha xornada de recreación no espazo verde que ofrecen ditas instalacións.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page