Esta pode verse na entrada do centro ata os días 20 e 21 de xuño
Laura Moure/Antas de Ulla
O alumnado do CEIP Plurilingüe Antas de Ulla culmina o proxecto sobre o Camiño de Santiago, baixo o nome Bota a lingua no camiño, cunha exposición que se abríu este venres na entrada do centro e se poderá visitar tamén os días 20 e 21 de xuño. Na súa elaboración participaron todos os nenos e nenas do colexio a través de diferentes espazos nos que se recrean as paradas do Camiño de Santiago.

Unha vez se fai o percorrido polo centro accédese mediante un código QR a diferentes vídeos nos que os propios nenos e nenas nos falan da gastronomía, os símbolos ou a flora e a fauna do Camiño. A mostra complétase coa exposición de instrumentos medievais A memoria do son'cedida pola Deputación Provincial.
O traballo de fin de curso do alumnado do CEIP Plurilingüe Antas de Ulla pode visitarse o luns e o martes en horario de 9:30 a 10:30 horas e de 13:30 a 14:30 horas.
Comments